As Pontes 15 de Setembro do 2017

O vindeiro 23 de setembro, no Mercado Vello de As Pontes terá lugar unha nova experiencia de Amigus Labs, os Obradoiros Tecnolóxicos. Nos Obradoiros Tecnolóxicos de Amigus Labs expoñeranse diferentes ferramentas tecnolóxicas de arte e creación dixital (impresión 3D, fabricación dixital, robótica, programación, realidade virtual, drons e radio control ou videoxogos entre outros). Durante o día realizaranse diferentes obradoiros, como robótica ou fabricación de kits electrónicos pero tamén se dará a posibilidade de pilotar dróns ou de viaxar a mundos virtuais en primeira persoa. Nunha zona mostraremos algunhas das creacións que durante os últimos anos se realizaron dentro dos Amigus Labs. A exposición estará aberta de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. A idade recomendada para asistir aos Obradoiros Tecnolóxicos é partir dos 4 anos.

Fabricación Dixital

Exposición de máquinas de fabricación dixital: Impresoras 3D, CNC, fresadora, así como exemplos de ferramentas construídas en Amigus Labs e materiais utilizados.

Xogos retro

Máquinas recreativas feitas por usuarios de Amigus Labs, deseñadas e programadas nos obradoiros.

Minecraft

O popular xogo de Minecraft, hackeado vía Scratch onde os máis pequenos poden xerar o seu mundo e manipulalo vía programación.

Dron e Radio Control

Exposición de drons e vehículos teledirixidos. Mediante simuladores de voo, poderase aprender a manexar estos vehículos non tripulados.

Laboratorio sonoro

As novas tecnoloxías aplicadas á creación musical provocaron unha autentica revolución nas maneiras de acceder, crear e transformar o mundo dos sons.

Escornabots

É un proxecto de robot educativo aberto para iniciar aos nenos e nenas máis pequenos no campo da robótica e da programación. Os rapaces terán a oportunidade de fabricalos ou ben manexalos a través de tableiros.

Robótica Lego

Neste obradoiro poderás construír, programar e controlar os teus propios robots LEGO do modo máis intelixente, rápido e divertido.

Experimentos Arduino

Veremos diferentes proxectos creados con Arduino, a placa DIY por excelencia. Mediante botóns ou sensores poderanse controlar de maneira intelixente motores, led, xerar sons..

Realidade Virtual

Oportunidade de vivir en primeira persoa distintas experiencias de entornos de realidade virtual cómo interactuar con eles e por qué non, ser ti o que constrúes o teu mundo.

Organizan: Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes

Colaboran: Concello das Pontes / OMIX / Concellería de Cultura • COHEMPO • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Galiorient • Servicio Movil • Areco • Panadería San José • Fabian • Don DIno • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter