As Pontes, 18 de abril de 2024. O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado da concelleira de industria, Ana Pena, visitou esta mañá a empresa Gdes Wind, empresa dedicada á reparación e recuperación de pás e estruturas de fibra de aeroxeradores, emprazada no polígono pontés dos Airíos.

González Formoso salientou a importancia da compañía na economía galega e tamén na local, sendo “peza fundamental da industria da enerxía eólica, un sector que xera 400 postos de traballo no Concello das Pontes, a través de diferentes compañías que abarcan todo o proceso productivo dende o deseño de parques, pasando pla súa construcción, transporte e instalación de equipos, e o seu mantemento, como é o caso de Gdes Wind”.

Durante esta visita o rexedor local e a concelleira coñeceron de primeira mán os procesos rocesos industriais de Gdes Wind da man do seu xerente Carlos Bermúdez así como os proxectos de reciclaxe e reutilización de equipos nos que está traballando actualmente a empresa; tales como o aproveitamento de pás de aeroxeradores para a fabricación de mobiliario urbano, urbano “que poderemos ver próximamente nas rúas das
Pontes” anunciaba Valentín González Formoso;
para a creación de arrecifes artificiais en parques eólicos situados no mar, deseñados para favorecer o crecemento das especies mariñas e a biodiversidade; así como a incorporación dos restos triturados das pás e outros equipos de fibra en materiais de construción como formigóns.

Así mesmo tiveron ocasión de e comprobar na súa visita cómo se leva a cabo a formación dos futuros traballadores e traballadoras da empresa, xa que o sector eólico ten unha gran demanda de emprego e está reclamando continuamente man de obra cualificada.