Ignacio Echeverría: un dos desaparecidos no atentado de Londres foi veciño de As Pontes

5469

As Pontes, 5 de xuño| Esta fin de semana sobresaltabamonos cos atentados de Londres e coñeciamos que entre os desaparecidos hai un español, Ignacio Echeverría.

Este cidadán español que vive na capital británica está directamente vencellado á nosa localidade.

Ignacio, de 39 anos, é fillo dun enexeñeiro que estivo moitos anos vivindo en As Pontes, onde se trasladou para traballar para a empresa eléctrica Endesa.

De feito, o desaparecido, criouse en As Pontes, e estudou aquí ata que se foi á Universidade, e logo a súa familia tamén abandoaba a nosa vila, por mor das obrigas laborais do seu pai, Joaquín Echeverría.

Ignacio foi visto en Londres o sábado, enfrontándose ós autores dos atentados, cando agradían a unha muller.

Segundo os testemuños baixouse da bicicleta na que viaxaba, e golpeou a un cun monopatín, sendo logo derrubado.

Viña de facer deporte, precisamente skate, que é a súa paixón, e ía sen documentación, polo que se confía en que sexa un dos feridos pendente de identificación.

Na nosa localidade a súa familia era moi coñecida, por seren ademais unha familia numerosa e unida, con seis irmáns, que deixaron un grato recordo na súa etapa estudiantil.

No caso de Ignacio estudaba no Colexio A Madalena.

Este mesmo mediodía, diante da Casa Consistorial municipal celebrábase unha concentración silenciosa programada polo Concello para amosar a solidariedade coas víctimas dos atentados do sábado á noite, e en defensa da liberdade, a democracia e a convivencia.

Asi mesmo, dende o Goberno Local solidarizáronse especialmente con esta familia para a que se puxeron ó seu dispor no que se poda facer dende unha vila na que foron uns veciños máis.