As Pontes, 8 de outubro de 2024. O Concello das Pontes ten previsto acometer a mellora da rede de saneamento no casco histórico do municipio, no tramo comprendido entre a Rúa San Xoán e a Ponte de Perfolla.
O proxecto, cun orzamento de 30.000 euros, ten como obxectivo prioritario dar solución aos problemas de funcionamento da rede de saneamento municipal provocados pola ruptura dunha das tuberías que conforman dita rede.
Con tal motivo, procederase á substición do colector que forma a rede, nun tramo de 24 metros, mediante o aloxamento en gabia, de un tubo de pvc, na mesma posicion que a tubaxe actual.
Por outra banda, en ambos extremos do novo tuvo, colocaranse senllos pozos de rexistro executados con formigón armado que servirán para realizar a conexión coa rede existente.
Así mesmo, rematados os traballos executarase a reposición, ao seu estado orixinal, de todos os elementos afectados polo movemento da maquinaria.

























