O Concello das Pontes súmase á iniciativa da UE denominada “Semana Europea da Mobilidade”, que se celebrará do 16 ao 22 de setembro. Trátase dunha campaña de concienciación dirixida a sensibilizar á cidadanía sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sostibles como o transporte público, a bicicleta ou os viaxes a pé.
Esta iniciativa xurdiu en Europa en 1999 e a partir do ano 2000 contou co apoio da Comisión Europea. Celébrase cada ano, do 16 ao 22 de setembro, realizando actividades para promocionar a movilidade sostible e fomentando o desenvolvemento de boas prácticas e medidas permanentes.
Durante a vindeira semana organízanse as seguintes actividades:
* Andainas con saída ás 20.30h diante da Casa do Concello, o luns 18, mércores 20 e venres 22, organizadas polo Clube Atletismo Olympo. Para inscricións contactar no 639708086, 673240434 ou 673240485.
A maiores, destácanse as seguintes obras de mellora da accesibilidade urbana, acometidas polo Concello das Pontes neste ano 2017:
- Mellora de accesibilidade e pavimentos en Rúa Castelao.
- Acondicionamiento e melloraora da Rúa Alexandre Bóveda.
- Obras de Accesibilidade e Pavimentación na Rúa Rosalía de Castro.
- Melloras de accesibilidade en pasos peatonais das rúas:
- Avda. As Campeiras.
- Rúa Juan Antonio Suances.
- Rúa Rita Rivera Chao.
- Rúa Saúde.
- Rúa Ourense.
- Rúa Virxe da Luz