As Pontes, 9 de febreiro de 2024. A máxima representación do tecido empresarial da comarca reuniuse está mañá, nas Pontes, con ministro de Industria, Jordi Hereu, un encontro que contou coa presenza do alcalde, Valentín Gonzáles Formoso e a Concelleira de Industria, Ana Pena.

Durante este encontro, no que tamén estiveron presentes a subdelegada do goberno en Galicia, María Rivas, o presidente da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Cristobal Dobarro, Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresarios da Coruña e Juan Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia e que tamén contou coa presenza de representantes de Red Eléctrica, Navantia así como os promotores dos proxectos PIE das Pontes, Ence, Reganosa, Universal Kraff e máis de 100 empresarios e empresarias do municipio e a comarca, púxose de manifesto a importancia do municipio e da comarca dentro do sector industrial de Galicia e fíxose un repaso polos grandes proxectos industriais previstos para As Pontes que suman un investimento de 1127 millóns de euros, cunha previsión de 1.000 postos de traballos directos.

O alcalde, Valentín González Formoso, aproveitou este encontro para subliñar as potencialidades das Pontes “un enclave industrial diversificado e afeito a acometer proxectos tractores para a economía do concello e a comarca” solicitando “axilidade administrativa por parte das Administracións responsables implicadas no desenvolvemento dos proxectos empresariais presentes e futuros planificados para a comarca”.

Pola súa banda, o Ministro de Industria e Ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, subliñou a importancia deste primeiro encontro que “ten como obxectivo, por unha banda, explicar as prioridades do Ministerio e tamén para marcar o comezo dun diálogo entre o ente público e o tecido industrial da comarca e das Pontes, un municipio que é un magnífico exemplo de transición enerxética que, xunto á dixital, son as dúas grandes transicións nas que está a traballar o Goberno. Galicia é un escenario privilexiado para impulsar a reindustrialización en España”.