As Pontes, 16 de febreiro de 2024. O salón de acto da Casa Dopeso acollerá o venres, 22 de marzo, ás 20:30 horas a proxección do documental “ A Nave das Marías” producido pola ONG Ecos do Sur e dirixido por Saamira Ganay e Cris Andina, veciña das Pontes.
O documental, que opta aos premios Meste Mateo 2024 na categoría de mellor documental, fala sobre a importancia do teatro como ferramenta de intervención social. Así, as persoas implicadas no proceso de creación da peza teatral “A Nave das Marías” contan en primeira persoa como as clases de teatro e o proceso creativo influiron nese momento das súas vidas, deixando testimonio de como o teatro pode ser unha ferramenta sorprendente e efectiva, porque pode cambiar ás persoas e pode cambiar as vidas.
“A Nave das Marías” foi unha peza teatral creada dentro dun programa da ONG Ecos do Sur para facilitar espazos de participación e visibilización para mulleres migrantes impulsando procesos de sensibilización social en cuestión de xénero.
Ao remate da proxección haberá un coloquio sobre o documental no que participarán Nerea Gonzáles, psicóloga e axente de igualdade en Ecos do Sur, Saamira Ganay, profesora do laboratorio teatral e coodirectora do documental e Cris Andina, coodirectora e realizadora do documental.