As Pontes, 19 de decembro de 2023. O Concello das Pontes pon en marcha unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia, en colaboración cos Concellos da Capela e As Somozas subvencionadao pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e cofinanciado polas entidades local.
O Programa Integrado de Emprego do Concello das Pontes, cunha duración de 12 meses, ten como obxectivo prioritario, mellorar a ocupabilidade e inserción laboral da veciñanza dos concellos de As Pontes, A Capela e Somozas con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral.
A través deste programa formativo ofreceráselle ao alumnado participante unha ferramenta de axuda e acompañamento especializado co que desenvolver as súas competencias persoais, sociais e laborais, acrecentando a súa empregabilidade para situarse, deste xeito, nunha situación máis favorable cara o mercado laboral.
A formación está dirixida a 100 mulleres e homes desempregados, cn especiais dificultades de inserción laboral; persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación e menores de 30 anos con cualificación.
O Programa Integrado de Emprego das Pontes inclúe un amplo abano de accións informativas, asesoramento, orientación laboral, de carácter individual, e un conxunto de sesión grupales organizadas entorno a adquisición de coñecementos sobre elaboración de curriculum vitae, cartas de presentación, entrevistas de traballo así como habilidades sociolaborais e clases de coaching, intelixencia emocional e motivación laboral, entre outras.
Ao mesmo tempo, o alumando adquirirá competencias profesionais demandadas polo tecido industrial e comercial da contorna a través de cursos e obradoiros sobre xestión loxística, manexo de carretillas e plataforma elevadora, limpeza industrial, un curso de vixiante de seguridade ou un curso de auxiliar de produtos frescos, entre outros.
A selección das persoas beneficiarios realizarase a través da dirección do programa e, para tal efecto, as persoas interesadas en formar parte do Programa Integrado de Emprego do Concello das Pontes poderán efectuar a inscrición no departamento de Orientación Laboral do Concello, ubicado na planta baixa en horario de 09:00 a 14:00 horas.
As persoas participantes no Programa Integrado de Emprego terán dereito a percibir unha bolsa consistente en 10 euros por día de asistencia ás accións do programa e o Programa Integrado de Emprego cubrirá os gastos de coidado e/ou atención a persoas dependentes das persoas participantes para facilitar a asistencia ás distintas accións do programa (menores de 3 a 12 anos)