As Pontes, 5 de xullo de 2024. O salón de plenos do Concello das Pontes acolleu está mañá a presentación da 7ª edición do seminario de defensa persoal INTERNATIONAL KRAV MAGA TRAINING CAMP organizado pola escola de defensa persoal e policial HKF, e que se vai celebrar o vindeiro sábado 6 de xullo, de 10:30 a 13:30 no entorno do lago das Pontes.

Elena López, concelleira de deportes, daba a benvida ao organizador do evento e director da escola de defensa persoal HKF, José Rodríguez, e a Martín Luna, mestre internacional de Krav Maga, e agradecíalles o esforzo de organizar un evento que xa leva, con esta, sete edicións, as dúas últimas de carácter internacional.

José Rodríguez especificaba que o seminario vaise dividir en catro grandes bloques: defensa persoal feminina, defensa persoal infantil, defensa persoal militar e policial, e un apartado específico de defensa para persoal sanitario.

Martín Luna, pola súa banda, quixo agradecerlle ao Concello das Pontes o apoio incondicional, tanto á escola de defensa persoal, como á organización deste seminario, que conta con máis de cen participantes inscritos.

Finalmente, Elena López aproveitou a ocasión para convidar a toda a veciñanza a visitar o lago das Pontes na mañá do sábado 6 de xullo para gozar das actividades deste seminario de defensa persoal nun entorno privilexiado.