Curso de prevención de riscos laborais no manexo de carretilla elevadora

283

As Pontes, 26 de xuño| A Concellería de Emprego, pon en marcha un curso de formación gratuita dirixida a persoas traballadoras desempregadas: Curso de prevención de riscos laborais no manexo de carretilla elevadora.

O prazo de inscrición é do 10 ao 14 de xullo de 2017 en horario de 09:00 a 14:00h, na área de emprego do Concello de As Pontes. O número de prazas dispoñibles é de 15 e cubriranse por estrita orde de inscrición.

Requisitos do alumnado:

  • Estar empadroado no Concello de As Pontes
  • Estar inscrito como demandante de emprego

Para máis información: Área de Emprego – baixo da Casa do Concello – T. 981 453 116