As Pontes, 27 de xuño| A mostra “O humor do país”, de Luís Davila, ábrese o 29 de xuño, ás 18.30 horas.
Os amantes da retranca e do humor máis autóctono teñen unha cita na sala de exposicións do Mercado Vello de As Pontes ata o vindeiro 22 de xullo. A exposición “O humor do país” recolle unha selección das xeniais viñetas de Davila, organizadas temáticamente: cuchipandas, o tempo, o viño, a morte, deportes, o mar, bicherío, etc. Nela, personaxes como Dora, Tucho, Marselino, Chelo, Sinda ou Palmira, recrean a maneira de ser, de sentir e de vivir dos galegos e das galegas.
Horario de visitas da exposición: de luns a xoves , de 12.00 a 13.30 horas e de 18.30 a 20.00h horas, e venres e sábados, de 12 a 13.30 horas. Nas festas do Carme horario de apertura especial.
O humorista que tantos sorrisos esperta estará o mércores 19 de xullo nos xardíns campo da feira realizando un xogo , “Cadáveres exquisitos” no que poderás ser participe dun debuxo colaborativo.