As Pontes, 28 de maio de 2021. O Concello de As Pontes iniciará o próximo martes, 1 de xuño, os traballos de renovación de dúas zonas de parcadoiro sitas no poboado da Magdalena co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, accesibilidade e comodidade da veciñanza. As obras teñen un orzamento de 27.690 euros, financiados con fondos propios.

Os espazos que se someterán a estas melloras serán o aparcadoiro que limita coa rúa Mañón e o localizado ao carón da rúa Fene. En ambos lugares procederase á renovación da capa de rodadura mediante a achega dun rego termo-adherente e aglomerado asfáltico en quente. Entre os traballos previstos tamén se inclúe a posta a nivel das arquetas existentes e o pintado das zonas de estacionamento e renovación da sinalización horizontal.

Recórdaselle a veciñanza a imposibilidade de estacionar neses espazos durante o período de execución das obras. Desde o Concello pídeselle desculpas á veciñanza polas as molestias que poidan ocasionar estes traballos.