As Pontes 29 maio de 2021.  O  Concello das Pontes comunica a suspensión do concerto de Fuel  Fandango, previsto para o sábado, 29 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Cinema Alovi, por motivos de saúde dun dos integrantes do grupo.

Desde o  Concello e en nome grupo pedimos desculpas polas molestias que esta situación poida ocasionar ás persoas que adquiriran as entradas para este concerto e desexamos unha pronta e completa recuperación ao integrante de Fuel  Fandango.

A organización e o grupo acordamos fixar unha nova data de celebración do concerto e ambos confiamos en que nun futuro, non moi afastado,  podamos gozar da súa música nas Pontes.

O  Concello das Pontes garante a devolución do importe da entrada ou manter a reserva da mesma para a nova data.  En próximos días ofreceremos máis información sobre os sistemas para manter a reserva ou recuperar o importe da entrada.