As Pontes, 23 de novembro de 2022. O Concello das Pontes aprobou o expediente de licitación das obras de renovación da capa de rodadura dos camiños rurais de de Alvarón, Casas Ermas e na parroquia de Marraxón.

As obras, cun orzamento de 64.157,12 euros con cargo á Deputación da Coruña inclúen a limpeza xeral de cunetas e noiros en todo o percorrido dos tres viarios, a roza de maleza e vexetación existente en bordos así como o rebaixe das actuais beiravías.

Rematadas estas tarefas procederase á extensión dunha nova capa de rodadura. Reforzarase, en primeiro lugar, o pavimento actual co rebacheo, limpeza e varrido da superficie, para seguidamente proceder a un rego de imprimación con emulsión asfáltica e a aportación de 5 cm de aglomerado en quente.

Así mesmo, excutarase un reforzo de bordos por ambos os dous lados, dentro da plataforma existente, cunha capa de zahorra artificial. As obras finalizarán coa reposición da sinalización horizontal, coa marcaxe dos bordos e o cabreado de stops.