As Pontes, 22 de noviembre de 2022. O Alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado pola Concelleira de Industria, Ana Pena, mantivo hoxe, xunto a Andrés Rodríguez, Director de Sustentabilidade de Ence, Inés Díaz del Río, Responsable de Relacións Institucionais, Paola Domínguez, Responsable de Comunicación do proxecto das Pontes e Fernando Guldrís Iglesias, Director Xeral do IGAPE, un encontro co tecido empresarial local para presentar o proxecto de creación dunha biofábrica de Ence no municipio.

Valentín González Formoso apunto que “este encontro, no que están presentes representantes de empresas da construción, da loxística, empresas de consultoría ambiental e de enxeñería e, en definitiva todos aqueles sectores involucrados na posta en marcha deste tipo de proxectos industriais, realízase a petición da propia compañía co obxectivo de presentar, polo miúdo o proxecto, as súas fases, o sistema de adxudicación, os prazos do proceso construtivo, o seu impacto económico, ambiental e social na vila”

O rexedor local tamén lembrou que “é deber do Concello facilitar este tipo de encontros e colaboración así prestar todo o apoio necesario para impulsar este proxecto, que se atopa en fase de deseño, que se situará en Saa, no parque de carbón, e que supoñerá un investimento total de 350 millóns de euros e que pode ser xerador de ata 1.200 postos de traballo, 550 vinculados ao día a día da biofábrica e 650 inducidos relacionados con sector da loxística, o sector industrial auxiliar, ou sector servizos entre outros”

Pola súa banda, Andrés Rodríguez, apuntou que “desde Ence, cada vez que se comeza un novo proxecto trabállase, da man, coas comunidades nas que se van a asentar. Partimos da transparencia, unha das bases da compañía, gústanos manter reunións cos axentes económicos e sociais para explicar en que van consistir os proxectos, el impacto socioeconómico que van xerar. Neste encontro non só queremos facilitar información sobre a biofábrica que se estuda desenvolver nas Pontes senón tamén recoller as inquietudes, as preguntas e as expectativas do tecido empresarial e social do municipio”

O responsable de sustentabilidade da compañía apuntou que a planta que Ence estuda para As Pontes é “unha bioplanta para produción de materiais a partir de fibras recicladas e biomateriais e forma parte do compromiso de Ence con Galicia. Responde a vontade da compañía de “pechar o círculo” da súa fase produtiva. Por unha banda, para aproveitar materiais que agora mesmo non se aproveitan e por outro, para pechar o círculo e producir produtos finais, dirixido ao comprado nacional ou europeo. Trátase dun proxecto innovador que supón un salto na economía circular nel que se busca a colaboración do tecido industrial local para crear polo innovador nas Pontes”

Ao remate deste encontro, as persoas responsables da compañía, trasladáronse ata Saa para para explicarlles á veciñanza e represenantes da asociación Virxen do Pino o proxecto, o seu impacto na parroquia e coñecer, de primeira man, as súas preguntas e dúbidas sobre a biofábrica que a compañía estuda instalar no municipio.