O Concello das Pontes, debido a situación de estado de alarma e co obxectivo de garantir o benestar da veciñanza, pon a disposición das persoas maiores que vivan soas e das persoas que se atopen en situación de especial vulnerabilidade un servizo de entrega, a domicilio, de alimentos, medicamentos e produtos de primeira necesidade.
HORARIOS E TELÉFONOS DE ATENCIÓN
De luns a venres
Horario de mañá (08:00 a 15:00 horas): 981 44 10 08 ou 627 77 91 29
Fóra destes horarios: 677 45 58 01
Desde o Concello rogamos un uso responsable deste servizo para poder atender correctamente á veciñanza que máis o precisa.
Rogamos máxima difusión. Grazas pola vosa colaboración!