NOVAS MEDIDAS QUE ENTRARÁN EN VIGOR CO FIN DO DECRETO DO ESTADO DE ALARMA. Entrará en vigor o sábado ás 00.00, á vez que decae o estado de alarma
1. Fin do peche perimetral da comunidade
2. Elimínase o toque de queda desde as 00.00 horas do domingo, excepto nos concellos con restricións máximas. No futuro, se algún concello supera os limiares de incidencia de risco extremo, automaticamente entraría en toque de queda e peche permitral.
3. Bares e cafeterías poderán abrir ata ás 23 horas e restaurantes ata a 1 da madrugada. Aos restaurantes ségueselles esixindo o mesmo que ata o momento: rexistro previo, medidor de CO2 e licenza de restaurante.
4. Seguen limitadas as reunións entre non conviventes a 6 persoas no exterior e 4 no interior. Limitaranse as reunións de persoas polas noites. Pedirase autorización xudicial para que a partir da 1 de madrugada se limite a persoas conviventes.
5. Se os centros de día teñen máis do 90 % d@s usuari@s vacinad@s poderán saír coa persoa acompañante para dar paseos e poderán rotar entre residencia e centro.Nos concellos en nivel medio e medio-alto @s usuari@s poderán saír a visitar á familia un mínimo de 5 días. Á volta practicaráselle unha proba. Poderase saír 5 veces á semana 4 horas en cada saída e permitirase o contacto físico durante as visitas.