As Pontes, 25 de xuño de 2020. O Concello de As Pontes destinará 140.000 euros ás subvencións para as entidades culturais do municipio durante o ano 2020.

Estas achegas, destinadas a entidades culturais privadas, sen ánimo de lucro, inscritas no rexistro de Asociacións do Concello de As Pontes e que desenvolvan a súa actividade no municipio ou aborden asuntos de interese para a localidade, teñen como obxectivo esencial apoiar e contribuír a fomentar a participación cidadá no ámbito da cultura, participando, deste xeito, na democratización da sociedade.

A través destas achegas as entidades solicitantes poderán cubrir os gastos derivados das actividades que leven a cabo así como os gastos en infraestruturas e equipamentos executados ou adquiridos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.

Para acceder a estas achegas é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, cumprimentada polo representante da entidade cultural, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria. O prazo para presentar as solicitudes comeza o 26 de xuño e remata o 9 de xullo (ambos días incluídos).

Pódese obter máis información sobre estas achegas no BOP 91, con data 19 de xuño de 2020,  na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello de As Pontes

BASES SUBVENCIÓNS ENTIDADES CULTURAIS