As Pontes, 20 de setembro de 2024. O Concello das Pontes abre a vindeira semana o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais (infantís e para persoas adultas) asi como o prazo de inscrición nos cursos de natación.

Así, o luns 23 de setembro abrirase, ás 09:00 horas o prazo para a inscrición nos curso de natación, tanto infantís como para persoas adultas. As inscricións realizaranse de dous xeitos diferentes (repartidas ao 50% das prazas); de xeito presencial na piscina municipal ou a través do mail ([email protected]). A orde de admisión virá determinada pola data e hora de presentación das inscricións (ata completar o número de prazas) e só se admitirá unha inscrición por persoa.

CURSOS DE NATACIÓN

 

No caso das escolas municipais deportivas infantís, o Concello das Pontes oferta un total de 9 disciplinas deportivas atletismo, baloncesto, hóckey a patíns, escalada en rocódromo, king boxing, patinaxe, tenis, ximnasia rítmica e tiro con arco.

Todas as familias interesadas en inscribir aos seus fillos o fillas nas escolas municipais deportivas infantís poderán facelo a través do correo electrónico [email protected] ou presencialmente no departamento de Deportes (1º planta Casa Consistorial),a partir do luns, 23 de setembro, ás 09:00 horas, achegando en ambos casos a ficha de inscrición

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS INFANTIS

No caso das escolas deportivas para persoas adultas, o Concello das Pontes, abrirá o prazo de inscrición en mantemento físico e ximnasia de mantemento o martes, 24 de setembro mentres que o prazo para inscribirse en pilates e aeorbic abrirase omércores, 24 de setembro.

As preinscricións podrán realizaranse de dous xeitos diferentes, repartidas ao 50% das prazas: por email ao Departamento de Deportes ([email protected]), non antes das 09:00 horas e de maneira presencial, no primeiro andar da Casa do Concello.

Só se admitirá unha solicitude de inscrición por persoa e os grupos terán un máximo de 14 alumnos/as. A orde de admisión virá determinada pola data e hora de presentación das preinscricións ata completar o número de prazas.

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ADULTOS (PAVILLÓN MUNICIPAL)

Finalmente, desde a Piscina Municipal ofértanse tres diciplinas (gap, entrenamento funcional e pilates).  O prazo de inscrición abrirase o mércores, 25 de setembro, ás 09:00 horas e as inscricións realizaranse de dous xeitos diferentes (repartidas ao 50% das prazas); de xeito presencial na piscina municipal ou a través do mail ([email protected]). A orde de admisión virá determinada pola data e hora de presentación das inscricións (ata completar o número de prazas) e só se admitirá unha inscrición por persoa.

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA PERSOAS ADULTAS (PISCINA)

Formulario Inscrición Escolas Municipais de Natación: DESCARGAR
Formulario Inscrición Escolas Deportivas Municipais Infantís: DESCARGAR

Formulario Escolas Deportivas Municipais Persoas Adultas (Piscina): DESCARGAR

Formulario Escolas Deportivas Municipais P. Adultas (Pavillón Municipal): DESCARGAR