As Pontes, 23 de setembro de 2024. O Concello das Pontes aposta por conciliar a conservación da cheminea da Central Térmica co desenvolvemento de chan industrial, o emprego e a recuperación da potencia industrial das Pontes, prioridades absolutas do goberno local.

Nese sentido, desde o Concello das Pontes apuntan que o goberno municipal defenderá e esixirá que “ante unha posible incoación dun expediente de declaración BIC, a Xunta de Galicia e Endesa deberán garantir, non só a compatibilidade do desenvolvemento industrial dos terreos senón tamén o mantemento dos prazos previstos para o desmantelamento e o emprego asociado”.

“Os terreos da Central Térmica deberán supoñer un novo impulso industrial, unha superficie superior aos 300.000 metros cadrados que debe poder albergar novos proxectos industriais, cuestión prioritaria par nós e para a maioría social das Pontes tamén”, indican desde o Concello das Pontes.

Desde o Concello sinalan ademais que “imos tratar de compatibilizar esta prioridade coa protección e supervivencia da cheminea. Para isto, temos por diante moito traballo técnico, que acredite esta compatibilidade. De leste o punto de vista do patrimonio e da zona de protección que se estableza para determinar, ata que punto, afectará á posible utilización deste chan para instalar novas empresas e tamén desde o punto de vista da seguridade industrial para aclarar canta superficie ao redor da cheminea anularíase para outros usos”.

Por outra banda, desde o Concello das Pontes sinalan tamén que “é preciso garantir que o mantemento e posta en valor de calquera dos elementos susceptibles de ser preservado non supoñerá ningún custo nin prexuízo económico para o Concello das Pontes e os veciños e veciñas. É prioritario para nós que quede claro quen vai a sufragar o mantemento da cheminea ou calquera outro elemento, en ningún caso será o Concello”

“Aínda que a lei establece a esixencia de que recaia no titular do ben, Endesa podería recorrer á xustiza e quedar exonerada de dito deber, cargándolle a mesma a oturas administracións, como sucedeu no País Vasco con Altos Hornos” engaden desde o goberno municipal.