As Pontes, 5 de abril de 2023. A Escola Municipal de baile moderno, danza clásica e flamenco das Pontes organiza  unha gala benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro-Xunta Local As Pontes.

A escola representará o espectáculo Disco Alovi 37 no que contará coa colaboración de O’Catre Teatro, no Auditorio Municipal Cine Alovi, ás 18:00 e ás 20:00 horas

O prezo da entrada será de 5 euros por persoa (máximo 6 entradas por persoa) e poderán adquirirse o venres, 21 de abril, de 18:00 a 19:30 horas e o sábado, 22 de abril, de 12:00 a 13:30 horas.

Tamén estará dispoñible unha fila cero para todas as persoas que, sen asistir ao espectáculo, desexen colaborar nesta gala benéfica. As entradas retiraranse unha hora antes da función na billeteira do Auditorio Municipal Cine Alovi.