As Pontes, 5 de abril de 2023. O Concello das Pontes participará mañá na manifestación convocada polos propietarios dos terreos afectados polo Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Natural Fragas do Eume e os cinco concellos que conforman a comarca.

A manifestación, que se desenvolverá a partir das 12:00 horas, na gasolineira de Pontedeume, no acceso ás Fragas do Eume, ten como obxectivo asomar o rexeitamento das persoas propietarias e das administracións locais de As Pontes, Pontedeume, Cabanas, A Capela e Monfero ao plan reitor, aprobado de xeito unilateral. Tamén esixirán, á Xunta de Galicia, que o plan se elabore con consenso e abra un diálogo coa veciñanza para concretar aspectos como os usos e restricións que afectan a cada zona así como as indemnizacións previstas en función das limitacións de usos.

Desde o Concello das Pontes ponse a disposición de toda a veciñanza que se queira sumar a estas reivindicacións un servizo de autobús gratuíto que sairá ás 10:00 horas da Estación de Autobuses e que realizará paradas en Ribadeume, Bermui, A Faeira, San Pedro de Eume, Goente e A Capela.