Preparación do CODIX na aula CeMIT de As Pontes

126

As Pontes, 26 de febreiro| O día 5 de marzo a aula ceMIT do concello de As Pontes, situada no soto da casa Dopeso, comezará un curso para a preparación para as probas libres de obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX).

CODIX ¿Qué é?

A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

Este curso está destinado a aquelas persoas que queiran preparar as probas libres que se van a celebrar no mes de novembro.

Ten un horario de 10:30 a 12:30 da mañá do 5 ao 22 de marzo de luns a xoves.

A primeira semana estará adicada ó procesador de texto LibreOffice Writer, a segunda á folla de cálculo LibreOffice Calc e a terceira ás bases de datos con LibreOffice Base.

A inscrición é totalmente gratuíta. Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.