Novo curso Educar en tecnoloxía na aula CeMIT

88

As Pontes, 24 de xaneiro| O día 30 de xaneiro comezaremos o taller “Educar en tecnoloxía” destinada a aquelas persoas que queren aprender a formar ós máis pequenos utilizando as novas tecnoloxías.

Esta actividade pretende difundir algunhas das ferramentas que poden empregarse para formar os máis cativos en novas tecnoloxías. Empregado os gustos en videoxogos, internet, debuxar, dispositivos móbiles,…. dos máis pequenos conseguiremos que se interesen por actividades que desenrolarán o pensamento analítico polo que tamén o pensamento crítico á hora de levar a cabo os pequenos proxectos e coma calquera traballo feito por un mesmo axuda a fortalecer a autoestima e mellorar a tolerancia e frustración ó traballar en grupo, apoiándose nos compañeiros e elaborando diferentes estratexias de traballo.

As ferramentas que empregaremos neste curso son:

  • Lightbot: un pequeno videoxogo co que os cativos poderán iniciarse na programación.

Scratch: unha aplicación web na que os rapaces poderán crear os seus propios videoxogos. Aprenderemos a empregala e faremos exemplos adaptados ós nenos.

App Inventor: aplicación web que permite crear aplicacións para móbiles.

Recliclaxe de compoñentes: veremos uns exemplos doados nos que poderemos crear pequenos robots empregando compoñentes procedentes do reciclaxe.

Educar en tecnoloxía

  • Datas: Martes 30, xoves 2 e martes 6
  • Periodicidade: ———
  • Horario: de 10:30 a 12:30

O grupo mínimo para a realización de estes cursos é de tres persoas. Coma todos os cursos impartidos na aula é totalmente gratuíto.

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.