Novas actividades na aula CeMIT

301

As Pontes, 8 de xaneiro| O día 15 de xaneiro a aula CeMIT do concello de As Pontes, situada no soto da casa Dopeso porá en marcha un novo curso “Elaboración de presentacións con LibreOffice Impress”. Ten como obxectivo aprendera facer presentacións de diapositivas. Comezando desde cero, instruirase ó alumnado no uso das diferentes plantillas, na introdución de imaxes e nas diferentes maneiras de darlle formato ás nosas presentacións para obter o acabado desexado polo usuario.

Elaboración de presentacións con LibreOffice Impress

  • Datas Do 15 ó 22 de xaneiro
  • Periodicidade Luns a venres
  • Horario De 11:30 a 13:30

Por outra banda, tamén a semana do 15, comezarán dúas novas actividades para aprender idiomas na aula. Nesta ocasión aprenderemos francés e italiano. As clases serán unha vez á semana, cunha duración de 1 hora. Nesta hora vanse impartir clases, totalmente orais, dos idiomas. Buscarase a implicación do alumno para dedicar o total do tempo á fala do idioma. Non se esixirá coñecementos previos de ningún de estes idiomas.

Aula de idiomas: francés

  • Datas Do 17 de xaneiro ó 25 de abril
  • Periodicidade Todos os mércores
  • Horario De 09:30 a 10:30

Aula de idiomas: italiano

  • Datas Do 18 de xaneiro ó 26 de abril
  • Periodicidade Todos os xoves
  • Horario De 09:30 a 10:30

O grupo mínimo para a realización de estes cursos é de tres persoas. Coma todos os cursos impartidos na aula, son totalmente gratuítos. Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.