As Pontes, 2 de decembro de 2020. Esta mañá, durante a rolda de prensa do presidente da Xunta de Galicia adiantáronse 𝗮𝗹𝗴𝘂𝗻𝗵𝗮𝘀 𝗱𝗮𝘀 𝗿𝗲𝘀𝘁𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 que afectarán ao Concello das Pontes, 𝗮́ 𝗲𝘀𝗽𝗲𝗿𝗮 𝗱𝗮 𝗽𝘂𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗼𝗳𝗶𝗰𝗶𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝘁𝗼𝗱𝗮𝘀 𝗮𝘀 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗱𝗮𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗮𝗿𝗮́𝗻 𝗲𝗻 𝘃𝗶𝗴𝗼𝗿 𝗰𝗼𝗮 𝗽𝘂𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼 𝗗𝗢𝗚.
As Pontes atópase no nivel máximo de restricións, por ser un concello con máis de 10.000 habitantes cunha incidencia acumulada nos últimos 14 días, maior ou igual a 250.
Algunhas das medidas que entrarán en vigor a partir do venres, 4 de decembro, ás 00:00 horas (madrugada do xoves ao venres), 𝗽𝗲𝗻𝗱𝗶𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗱𝗲 𝗽𝘂𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗻𝗼 𝗗𝗢𝗚
1. Permitida a interación social de 4 persoas non conviventes.
2. Peche perimetral do municipio
3. Aforo dos comercios do 50%
4. Prohibida a mobilidade nocturna de 23:00 a 06:00 horas
5. Apertura de terrazas ata o 50% do aforo, ata ás 17:00 horas, en grupos máximos de 4 persoas (conviventes ou non)
𝗟𝗘𝗠𝗕𝗥𝗔𝗠𝗢𝗦: 𝗘𝘀𝘁𝗮𝘀 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗱𝗮𝘀 𝗽𝗼𝗱𝗲𝗻 𝘀𝘂𝗳𝗿𝗶𝗿 𝗺𝗼𝗱𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀, 𝗽𝗲𝗻𝗱𝗲𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗱𝗮 𝗽𝘂𝗯𝗹𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼 𝗗𝗢𝗚