rhdr

As Pontes, 30 de novembro de 2020. O Concello das Pontes promove, a través dos convenios de colaboración coa Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses (COHEMPO) e coa Asociación de Empresarios SEARA, as actitivades a favor do tecido empresarial local.

Con ambos convenios, asinados pola concelleira de Industria e Emprego, Ana Pena, a presidenta de COHEMPO, Montserrat Gastelu Fernández, e o presidente de Seara, José Castro Romero, o goberno local reafirma o seu compromiso co tecido empresarial do municipio, promovendo e apoiando as actividades levadas a cabo por ambas entidades a prol da economía local, a dinamización e unión empresarial, tanto a través do fomento da cultura emprendedora como impulsando o comercio de proximidade, a hostalaría e sector servizos no seu conxunto.

A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses (COHEMPO), ó abeiro deste acordo, recibirá unha achega de 40.000 euros destinada ao finaciamento de campañas de fomento de compras nos establecementos ponteses, á formación, ás actividades de prevención fronte a Covid 19, á creación da plataforma de comercio online Market Place así como a sufragar os gastos xerais derivados da súa propia actividade durante o ano 2020.

Por outra banda, o Concello das Pontes achegará 20.000 euros á Asociación de Empresarios SEARA para cubrir os gastos derivados das actividades de asesoramento e consolidación de emprendedores así como aos relacionados coa actualización do plan de emerxencias do Polígono de Penapurreira, co deseño da guía online dos polígonos industriais das Pontes, coa identificación das necesidades medioambientais das empresas pontesas e coas labores de promoción externa e marketing dixital así como cos gastos xerais derivados da actividade asociativa durante o presente ano.

A concelleira, Ana Pena, agradeceu a ambas asociacións empresariais “a súa labor como axentes dinamizadores da actividade empresarial na localidade, especialmente nos momentos tan complicados que estamos atravesando en todos os sectores económicos”