As Pontes, 14 de maio de 2020. O Concello das Pontes reabrirá, a partir do venres, 15 de maio, as pistas de tenis situadas na Canle IV.

As persoas interesadas en utilizar esta instalación municipal deberán realizar unha reserva previa no Departamento de Deportes, chamando ao 981 45 26 02, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas, ou a través da app As Pontes Instalacións Deportivas https://appadvice.com/app/as-pontes-instalaci-c3-b3ns-deportivas/1015353796.

Desde o Concello das Pontes pregan as persoas usuarias seguir as normas establecidas polas autoridades santiarias para a práctica deportiva así como as recomendacións da Real Federación Española de Tenis (RFET)