As Pontes, 4 de outubro de 2021. O Concello das Pontes informa de que mañá comenzan as clases nas escolas municipais culturais e aínda quedan prazas libres nas seguintes disciplinas.

PANDEIRETA (Casa Dopeso). Quedan prazas en todos os grupos

ACORDEÓN (Alovi). Quedan prazas nos grupos de iniciación

PERCUSIÓN TRADICIONAL (Alovi). Quedan prazas nos grupos de iniciación

BAILE GALEGO (Casa Dopeso). Queda unha praza no grupo de perfeccionamento.

BAILE MODERNO (Casa Dopeso). Quedan prazas nos seguintes grupos:

– luns 18-19h (anos 2010-2011): 1  praza

– luns 19-20h (anos 2008-2009): 2 prazas

– venres 18:30-20h (anos 2006-2007): 4  prazas

DANZA CLÁSICA (Casa Dopeso). Quedan prazas nos seguintes grupos:

– luns 17-18h (anos 2010-2011): 4  prazas

– luns 18-19h (anos 2012-2013): 1  praza

– venres 118:30-20h (anos 2008-2009): 2 prazas

GAITA (Alovi). Quedan prazas en iniciación gaita de 20 a 21 h. (Para o resto dos grupos preguntar)

 

A solicitude de inscrición deberá realizarse, preferentemente, dforma telemática a través da sede electrónica do concello.  

Aquelas persoas que non dispoñan de medios ou coñecementos para realizar a inscrición online poderán descargase os impresos na páxina web municipal ou acudir ao Departamento de Cultura, de luns a vernes, de 09:00 a 14:00 horas, onde se lles facilitarán os impresos de solicitude de matrícula. Unha vez cubertos e asinados poderán presentalos no mesmo departamento ou a través do correo electrónico ([email protected])

O Departamento de Cultura notificará por correo electrónico ou teléfono a adxudicación de praza, e dará ao novo alumnado as instrucións e prazos para a realización do pago da matrícula.