RTVeume| A Xunta de Goberno Municipal aprobaba onte á mañá actuacións por un montante de 650.000 euros, destinadas a acometer unha serie de obras e os procesos previos de adxudicacións noutors casos.
Na reunión acordábase a apertura do expedente de contratación da glorieta que se vai facer na Avda de Galicia. Coa nova glorieta búscase mellorar a seguridade no cruce da intersección entre a Avenida de Galicia e as rúas Irmáns Tojeiro e Sergio Rivera Chao.
Tamén se adxudicaban melloras no pavimento na terceira fase en O Barreiro, por un total de 57.501 €. A adxudicación de melloras no pavimento terá outro paquete que supón unha inversión de 12.598 € na rúa da Presa de Alende, e nas beirarrúas da Ronda do Poboado e a Avda de Vilalba.
Tamén vai pola terceira fase a reposición e mellora de servizos e pavimentos en A Fraga, ó que se van destinar, logo desta adxudicación 90.383 €.
Canto a actuacións no rural acordáronse as melloras das pistas de A Rega, en O Freixo, Catiñeira, en Ribadeume, Adá, A Redonda/O Vilar, e Pedrafita. Neste casos a contía será de 145. 446 €.
Xa por último outros 102.390 € irán para o reforzo dos firmes en A Carreira, O Xarel, Chao dos Carneiro , e Carballo Infante. O importe acada neste caso os 102.390 €.