RTVEume| O programa de Turismo do Imserso, para a temporada 2015/2016, vén de abrir o seu prazo de formalización de inscricións. Este programa está dirixido a persoas maiores coa finalidade de faciltarlles a súa incorporación ás correntes turísticas.

Ofértanse distintas modalidades para disfurtar das vacacións. Así pódese elexir entre viaxar á zona costeira peninsular ou a insular e tamén se oferta un programa de turismo de interior que inclúe dende circuitos culturais, turismo de natureza, viaxes a capitais de provincia e viaxes ás cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

Para ser beneficiario do programa son requisitos imprescindibles, ter como mínimo 65 anos cumpridos, aínda que non teña ningunha pensión, ou ser pensionistas de xubilación do Sistema Público de Pensións; ser pensionistas de viuvedade do Sistema Público de Pensións e cunha idade igual ou superior a 55 anos; outra posibilidade para acollerse é ser pensionista de incapacidade, ou ser prexubilado con 60 anos cumpridos.

Consideraranse beneficiarios, en calidade de acompañantes, aos cónxuxes ou parellas de fetio aínda que non cumpran cos requisitos de idade e pensión.

En todo caso, os solicitantes e os seus acompañantes deberán valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impida a normal convivencia nos hoteis.

As persoas interesadas en participar do programa de turismo do Imserso teñen de prazo ata o día 5 de xuño para formalizar as inscricións. Para máis información e incluso tamén para formalizar a inscrición, os interesados e interesadas poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais Municipal, ubicado no segundo andar da Casa Dopeso, e en horario de oito e media da mañá a dúas da tarde.

Coincide esta convocatoria coa apertura do prazo de inscrición para o Programa de Benestar en Balnearios, cun total de 600 prazas ofertadas en 13 balnearios da Comunidade. Neste caso, poden ser beneficiaras as persoas maiores de 60 anos ou de 55 reunindo a condicion de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez, ou doutras pensións, na data na que remata o prazo de presentación de solicitudes. Tamén hai que estar empadroado e residir nalgún Concello galego, valerse por sí mesmo, non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

As solicitudes para acollerse ao programa de Benestar en Balnearios teranse que entregar ata o día 15 de maio, preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta, no enderezo sede.xunta.es. Pero, tamén hai a posibilidade de tramitar as solicitudes por medio dos Servizos Sociais Municipais.