As Pontes, 7 de xuño de 2021. O Conservatorio Profesional de Música do Concello das Pontes celebra, entre os días 7 e 10 de xuño, de 17:30 a 19:00 horas, unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer o centro.

Tania Pardo, responsable da área de Educación do Concello das Pontes apunta que “se trata dunha boa oportunidade para coñecer, en primeira persoa, como é unha clase de música, como é un ensaio ou como se ensina a tocar un instrumento así como a extensa oferta académica do conservatorio a través do contacto directo co profesorado”

O obxectivo desta iniciativa é mostrar as instalacións, o funcionamento do centro, o claustro de profesorado así como as diferentes especialidades musicais que imparte o Conservatorio Profesional das Pontes a todas aquelas persoas interesadas en inscribirse no curso 2021-2022.

Tamén se facilitará información sobre a proba de acceso, o período de presinscrición e a matrícula así como calquera outro tipo de información que poida resultar de interese para as persoas asistentes a esta xornada.

Prazo preinscrición Grao Elemental

Desde o Conservatorio lembran que xa está aberto o prazo de inscrición á proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental para o curso 2021-2022 para o que é indispensable elixir unha especialidade instrumental entre as quince que ofrece o centro.

A proba de acceso desenvolverase o día 21 de xuño e nela avaliaranse as aptitudes rítmicas, vocais, auditivas e psicomotrices do alumando aspirante. A inscrición pode realizarse a través do seguinte formulario https://cutt.ly/6nQp5So ou no teléfono 667 129 354