As Pontes, 30 de decembro de 2022. O Concello das Pontes rematou as obras de mellora da praza de Carmarthen, unha obra cun orzamento de 18.139,80€, financiada con fondos propios, e que tiña como obxectivo prioritario mellorar os viarios que rodean a praza garantindo a seguridade da veciñanza.

Trátase dunha zona que, debido ás condicións climatolóxicas habituais asi como a antigüidade dos pavimentos, tiña problemas superficiais, relacionados coa perda de áridos, descarnaduras, peladuras, baches e fochas de diferentes tamaños así como de descomposición do firme con perda progresiva do material da calzada.

Os traballos realizados consistiron na limpeza, fresado e rebacheo nas zonas necesarias e un aporte dunha nova capa de rodadura de mistura asfáltica en quente, reposición a cota de pozos e reixelas, así como a sinalización horizontal correspondente.