Elena-Lopez_-Bandeira-Azul-Lago-As-Pontes

Un total de 11.510 visitantes achegáronse durante os meses de verán de 2021 ata o Punto de Información Turística (PIT), ubicado no Lago das Pontes, para recibir información xeral sobre a vila pontesa.

A concelleria de Turismo, Elena Lopez, sinala que “feitos como a consecución da bandeira azul reforza ao lago das Pontes como un destino familiar e para a práctica deportiva, convertíndose nun dos principais atractivos do noso municipio. Isto, unido ás accións contempladas no Plan de Sustentabilidade do Eume, posiciona a As Pontes como un punto tractor da comarca”

Segundo os datos do Punto de Información Turística das Pontes, o 45% das persoas visitantes proceden de fóra de Galicia, principalmente de Madrid (43%) , Asturias (16%) e o País Vasco (11%).

As persoas visitantes procedentes de Galicia representan o 43% dos/das visitantes e chegan desde a provincia da Coruña, principalmente desde a comarca de Ferrolterra mentras que os/as visitantes internacionais representan o 2% e proceden de Alemaña, Holanda e Francia.

O principal medio de acceso ao lago é o coche, sendo 7.124 as persoas que optaron por esta opción mentres que 2.441 se achegaron ao lago andando. Preto de 1.200 persoas fixérono en bicicleta.

Desde o PIT subliñan o importante crecemento do número de visitantes que se achegaron ao lago das Pontes en autocaravanas, chegando, no mes de agosto, a pernoitar, diariamente,  máis dunha vintena de autocaravanas.

“Estamos ante unha modalidade de turismo en auxe debido á independencia e seguridade que ofrece este tipo de vehículos fronte á Covid 19 e ás vantaxes que ofrece en canto a liberdade de movemento. Este cambio de tendencia, levan ao Concello das Pontes a seguir traballando na creación de novas infraestructuras que dean resposta a esta realidade e lograr, deste xeito,  vincular a afluencia de turistas, que chegan en autocaravana,  coa vida socioeconómica da vila a través de novos servizos e dotacións.” indica Elena López.

Os visitantes que se achegaron ata o punto de información turística solicitaron información xeral sobre o municipio (aloxamento, establecementos hostaleiros e restaurantes, compra de produtos locais), destacando tamén as consultas sobre as actividades acuáticas no lago, a historia da controna do lago ou sobre os roteiros de sendeirimos e BBT existentes nas Pontes.

Por outra banda, un cuestionario realizado aos visitantes que se achegaron ata o punto de información turística do Lago revelou que o 100% das persoas enquisadas recomendaría As Pontes como destino turístico e o 93% repetiría destino.