VER FOTOS

Na tarde de onte, 23 de xullo, celebrouse no Auditorio Alovi un emotivo e multitudinario acto de recoñecemento ás mulleres pontesas.

Con esta iniciativa, que pretende ter carácter anual, fíxose unha homenaxe a todas a mulleres da nosa vila en xeral, e especialmente ás 14 veciñas propostas polas distintas asociacións veciñais, para recibir esta homenaxe en representación de tódalas mulleres pontesas.

Dende a Concellería de Emprego, queremos trasladar o noso mais profundo agradecemento a todas as asociacións veciñais pola súa colaboración e a todos aqueles que aportaron o seu traballo e moitas horas do seu tempo para que esta iniciativa poidese sair adiante.

E por suposto, agradecer de xeito especial, ás 14 veciñas homenaxeadas e as súas familias por regalarnos as súas historias e por todo o tempo que nos adicaron.

En definitiva, gracias a todas as mulleres da nosa vila, que de xeito anónimo e día a día contribúen co avance da nosa sociedade.

Esperamos que disfrutárades desta iniciativa feita con moita humildade, con moita ilusión, e con todo o noso cariño.

VER FOTOS