Preto de 50 persoas, na súa maioría procedentes de Lesneven (Bretaña, Francia), desfrutaron onte dunha visita guiada por As Pontes, dentro do proxecto “As Pontes Experiencia Industrial”. En algo máis de 2 horas descubriron os encantos da Vila, probaron a temperatura da auga do lago e realizaron fotografías ao proceso de construción de cabanas da Festa da Fraga.

Deseñouse unha visita á medida percorrendo a historia de As pontes dende o medievo á actualidade. Obviamente, os recursos de patrimonio industrial foron os grandes protagonistas, en especial o lago.