As Pontes, 25 de xuño de 2021. O Concello das Pontes informa de que o luns, 28 de xuño, procederase ao corte de tráfico rodado na Avenida de Ortigueira, para levar a cabo as tarefas de algomerado no tramo comprendido entre a Avenida de Villalba e a Rúa do Concello. 

A rúa permanecerá pechada á circulación ata o remate dos traballos de afirmado da zona de rodadura con formigón bituminoso cun acabado impreso.

Desde o Concello de As Pontes pídese desculpas á veciñanza polas molestias que poidan ocasionar estes traballos de mellora da Avenida de Ortigueira.

O proxecto, cun orzamento de licitación de 140.382,28 euros a cargo da Deputación da Coruña, ten como obxectivo prioritario a eliminación do desnivel existente entre a estrada e as beirarrúas así como a mellora dos servizos de iluminación e saneamento, dándolle así continuidade ao proxecto de rehabilitación, humanización e mellora da accesibilidade levada a cabo polo Concello das Pontes no centro urbano.