As Pontes, 30 de decembro de 2024.

As Pontes, 30 de decembro de 2024.O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, reuniuse hoxe con representantes das asociacións veciñais do municipio con motivo do brindis de fin de ano.

Durante este encontro, no que tamén estivo presento o equipo de goberno, o rexedor local desexou un feliz 2025 á veciñanza e fixo balance das actuacións e proxectos municipais executados durante o ano 2024, avanzando algunhas das propostas nas que xa traballa o executivo local de cara ao vindeiro ano.

González Formoso aproveitou este encontro para destacar a importancia da colaboración entre o Concello e as distintas entidades veciñais da vila, agradecéndolles o seu traballo “como nexo de unión entre a veciñanza e a administración municipal, colaborando a mellorar a calidade de vida de todos os ponteses e pontesas e facendo das Pontes un lugar mellor para vivir, amosando que pequenos esforzos voluntarios reverten en beneficio de toda a vila”.

O alcalde animou aos veciños e veciñas a enfrontar o novo ano con a maior das ilusións desexando que o 2025 “veña cargado de saúde para todos e boas novas para As Pontes”