VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO, alcalde deste Concello, ao abeiro do disposto no artigo 21.1.e) da Lei 7/1985, do 2 de abril
FAGO SABER
O día 25 de xuño de 2026, ao longo da mañá (a partires das 11:00 horas), vaise a realizar unha proba das sirenas da Presa da Ribeira, que no caso de producirse un incidente grave actuaría como elemento de aviso á poboación.
Esta proba vai servir para avaliar o seu correcto funcionamento así como dar a coñecer o seu son aos cidadáns. Máis aló destes sinais acústicos, a actividade dos veciños non ser verá afectada, e poden continuar coas súas actividades habituais.
A información é seguridade. Grazas pola súa colaboración.
Faise público para coñecemento xeral.


























