Hoxe, debido á liberación do segundo dividendo dixital (proceso polo que se liberará unha banda de frecuencias do espectro radioeléctrico para permitir o despregamento das futuras redes de telecomunicacións 5G) procederase á resintonización do reemisor ubicado na parroquia do Freixo.

Esta actuación pode provocar cortes na emisión dos canles TDT nesta parroquia, ao longo de todo o día. A actuación NON AFECTARÁ A OUTRAS ZONAS DO CONCELLO.

Unha vez resintonizado o reemisor, os veciños e veciñas residentes na parroquia do Freixo, terán que resintonizar as canles mediante o mando do televisor para poder continuar vendo correctamente todas as canles de televisión.