As Pontes, 25 de maio de 2020. Unha avaría no reemisor de Fontardión provocou a pérdida da recepción do sinal de televisión nas parroquias de Goente e San Pedro do Eume.

Dous módulos desta antena presentan danos e foi preciso extraelos para proceder á súa reparación. Xa están sendo reparados e está previsto que nos próximos días se instalen de novo e se recupere a recepción do sinal de televisión.

Desde o Concello, pedimos desculpas polas molestias que esta incidencia poida estar causando entre a veciñanza.