As Pontes, 13 de xaneiro de 2021. O Concello das Pontes sitúase no nivel medio-alto de restricíons, polo que entrarán en vigor na medianoite do xoves ao venres, coa publicación no DOG, as seguintes medidas

1. Adiántase o toque de queda ás 22:00 horas
2. Non haberá peche perimetal do municipio
3. A interación social limítase a 4 persoas non conviventes
4. Os establecementos hostaleiros pecharán ás 18:00 horas.
5. O aforo de bares e restaurantes queda limitado ao 30% ( interior) e 50% (terrazas) Non está permitido o consumo en barra.
6. As actividades deportivas quedan limitadas a grupos de máximo 4 persoas e aforo ao 50 %.
7. O aforo en cinemas, teatros e auditorios queda establecido en 250 persoas en espazos pechados e 500 ao aire libre. Sempre sentadas.
8. O establecementos comerciais pecharán ás 21.30 horas.

Recoméndase que non se celebren reunións familiares nos domiciones máis aló das 18:00 horas e que as actividades si limiten ás esenciais: actividades sanitarias, escolares, coidado de dependentes e compras esenciais, así como laborais recuperando ao máximo de teletraballo. #aspontes #novasmedidas #seguridade #saúde #covid19

Máis información https://www.lavozdegalicia.es/retransmision/sociedad/2021/01/13/directo-feijoo-anuncia-nuevas-restricciones-galicia/01071610532339396832756.htm