As Pontes, 14 de marzo de 2023. O Concello das Pontes ven de sacar a licitación as obras de mellora dos camiños rurais en Terbá e Pena do Curro, un proxecto cun orzamento de 55.981 euros con cargo aos Fondos AGADER.

Ambas actuacións teñen como obxectivo mellorar a seguridade viaria e evitar que se siga producindo a degradación deste camiños  a través da rehabilitación dos mesmos para dotados dunha óptima calidade, tanto superficial como estrutural para aumentar a comodidade e seguridade que esixe este tipo de viarios.

Entre os traballos previsto inclúese o varrido de superficie e limpeza de marxes así como a  limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invada os viarios. Repararanse as fochancas e zonas afundidas existentes mediante a achega de pedra e unha rega asfáltico, saturado e compactado.

Así mesmo, as zonas lixeiramente deformadas regularizaranse mediante formigón bituminoso. Ademais, procederase ao fresado do firme existente para realizar correctamente o entroncamento coas estradas existentes.

O afirmado realizarase mediante a extensión e compactación dunha nova capa de rodaxe formada por 5 centímetros de formigón bituminoso. As obras rematarán coa reposición da sinalización horizontal e vertical correspondente segundo a lexislación vixente.