As Pontes, 1 de abril de 2024. O Concello das Pontes acometerá as obras de renovación urbana da Avenida das Campeiras, un proxecto cun orzamento de 112.041,49 euros procedentes da Deputación da Coruña.
O obxectivo deste proxecto é a renovación dos servizos urbanos de saneamento e pluviais, a iluminación pública na marxe esquerda do tramo da Avenida das Campeiras situado entre a intersección da rúa Covelos e o número 66 da citada avenida mentres que na marxe dereita, na que se renovaron os servizos públicos recentemente, procederase á instalación do cabreado de iluminación pública necesario.
En ambas marxes realizarase unha obra de renovación do pavimento existente mediante baldosa de formigon granallado e procederase a instalación de novas luminarias públicas e reporase o mobiliario urbano. A obra rematará co pintado da inalización viaria necesaria.