As Pontes, 9 de outubro de 2021. O Concello das Pontes abre, o día 13 de outubro, ás 09:00 horas, o período de inscrición nas escolas municipais deportivas para persoas adultas.

Este ano as inscricións realizaranse en dúas fases. As persoas interesadas deberán facer unha preinscripción inicial (só se admitirá unha solicitude por persoa) a partir das 09:00 horas do mércores 13 de outubro.

O departamento de deportes habilitará tres vías para realizar esta preinscripción; de forma telemática, a través da sede electrónica ou do e-mail do departamento, e de forma presencial, no primeiro piso da casa consistorial.

A admisión nas escolas deportivas virá determinada pola data e hora de presentación das presincripcións, ata completar o número de prazas. Unha vez cotexados os rexistros de preinscripción, desde o departamento de deportes confirmarase, por vía teléfonica, a praza, quedando deste xeito formalizada a inscrición.

Este ano, debido ás medidas santiarias vixentes para evitar a propagación da COVID 19, as actividades das escolas municipais deportivas para adultos cambian os seus horarios e ubicación e, asi mesmo, os grupos quedarán limitados a un máximo de 10 persoas, sen contar a persoa monitora.

Este ano impartiranse clases de mantemento físico, os luns e os mércores, en horario de mañá (de 11:00 a 13:00 horas) e de tarde (de 17:00 a 18:00 horas) e os martes en horario de tarde (de 17:00 a 18:00 horas).

As clases de ximnasia de mantemento impatirasen tamén os luns e mércores en horario de mañá (de 09:00 a 11:00 horas) e os martes e xoves en horario de tarde. (de 19:00 a 20:00 horas)

As clases de aerobic impartiranse os martes en horario de mañá (de 11:00 a 13:00 horas) e en horario de tarde (de 18: 00 a 19:00 horas) e os luns e os mércores en horario de tarde (de 18:00 a 21:00 horas).

As clases de pilates desenvolveranse os martes e xoves, tanto en horario de mañá (de 09:00 a 11:00 horas) e de 20:00 a 22:00 horas)

Todas as sesións impartiranse na Caseta do Polbo e terán unha duración de 60 minutos e será obrigatorio o uso de máscara.

FORMULARIO INSCRICIÓN