As Pontes, 19 de outubro de 2020. O Concello das Pontes abre mañá, 20 de outubro o prazo de solicitudes para o banco de alimentos (outubro 2020)
As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes do 20 ao 27 de outubro, de 8:30 a 14:00 horas, no Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dopeso) e deberán presentar a seguinte documentación:
- Movementos bancarios dos últimos 6 meses de todas as contas da unidade familiar.
- Última declaración do IRPF, ou Certificado de imputacións (no caso de non facela), ou Xustificantes económicos de todos os membros da unidade familiar: INEM, contratos de traballo, nóminas, recibos de pensións …
- No caso de non poder presentar documentación do punto anterior, declaración xurada da situación económica da familia. • Último recibo de alugueiro ou hipoteca (se é o caso). • Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, convenio regulador, demanda de impago de pensión, etc.(se fora o caso)