As Pontes, 26 de novembro 2024. A décima cuarta edición do concurso de tapas “Saborea As Pontes”, organizado polo Concello das Pontes en colaboración coa Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios das Pontes (COHEMPO) serviu un total de 18.019 tapas.

A cifra deuna a coñecer, onte, a concelleira de Promoción Económica, Elena López, durante o acto de entrega dos premios do concurso gastronómico, celebrado entre os días 7 e 17 de novembro e no que participaron 15 establecementos, no que Delapiccola food bar obtivo o galardón á tapa máis valorada polo público así como o premio á mellor tapa pontesa, elexida polo xurado profesional.

Durante o acto de entrega de premios, no que estivo presente unha numerosa representación dos hostaleiros locais e da veciñanza, a edil, tras dar a noraboa ós premiados, amosou a súa satisfacción polos resultados acadados e agradeceu ao sector hostaleiro da vila o seu traballo e profesionalidade, facendo que Saborea As Pontes supere todas as expectativas, tanto na calidade das tapas como de participación.

É un orgullo contar cun sector de profesionais, que ano tras ano, nos amosan o mellor de si mesmos facendo que Saborea As Pontes sexa xa un referente no ámbito dos concurso culinarios” subliñou a edil.

A concelleira tamén quixo dar as grazas á veciñanza e persoas visitantes polo seu apoio á hostelería local, saíndo ás rúas, probando as tapas e contribuíndo á dinamización dun sector esencial na economía da vila, xerador de centos de postos de traballo. Un sector conformado por grandes profesionais, que cada día, nos agasallan co seu bo facer e co seu compromiso co futuro do noso pobo” engadiu Elena López.

RESULTADOS CONCURSO DE TAPAS

MELLOR TAPA PONTESA 2024

Delapiccola

Trastoy 3

TAPA MÁIS VALORADA POLO PÚBLICO 2024

Delapiccola

Trastoy 3

Taberna de Pancho

Sarum (mención especial