[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Desenvolvíanse onte as primeiras charlas de concienciación na reciclaxe que esta semana se van impartir nos colexios da nosa localidade, atendendo a unha iniciativa que partía da Concellería de Servizos, Medio Rural e Seguridade Cidadá, que dirixe Antonio Castro.

As charlas son impartidas polo persoal técnico da empresa Grupo Soil, e forman parte dunha campaña máis ampla que a entidade irá desenvolvendo en colaboura cos colexios da localidade en datas vindeiras, denantes de contar xa coa nova escola de reciclaxe que se está poñer en marcha na antiga escola unitaria das Campeiras.

O obxectivo destas ponencias é o de sensibilizar e formar aos nenos na importancia da reciclaxe e a correcta selección dos residuos.

Onte vistáronse os colexios Santa María e A Fraga e pola tarde sumouse A Madalena. Hoxe xa se vai acudir tamén con este proxecto ó Colexio Monte Caxado.

Nos contidos da actividade que se levou aos centros está a fin de concienciar e implicar na importancia da reciclaxe aos alumnos e alumnas por medio de charlas lúdico-didácticas.

Onte ensinábase aos máis pequenos, aos que están chamados a ser os cidadáns adultos do inminente futuro, dun xeito teórico e práctico, causas polas que hai que reciclar, as consecuencias que acarrea, e a correcta separación dos residuos nos distintos colectores de reciclaxe.[/fusion_text][/fullwidth]