[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Os dous principais polígonos industriais que temos no noso termo municipal, Os Airíos e Penapurreira completaron xa a dotación de colectores para prestar servizo ás empresas alí ubicadas.

Unha vez rematado o proceso de colocación dos últimos colectores de lixo nas fases A e B de Penapurreira, e nos Airíos, completouse a dotación que comezara pola fase C.

A empresa Plastic Omnium Sistemas Urbanos S.L foi a suministradora dos novos colectores, que obedecen a unha das demandas dos empresarios que contan alí coas súas naves.

O orzamento destinado pola Concellería de Industria, que preside Juan Carlos Romero, foi de 32.982´85 euros.

Este montante inclúe o suministro de 28 colectores nos Airíos e 21 en Penapurreira. Ademais outros 43 elementos de suxeición no primeiro e 41 no segundo, e a súa instalación.

Esta nova actuación enmárcase dentro do plan de mellora dos polígonos industriais que desenvolve a Concellería de Industria, e que incluíu a sinalización, melloras de alumeado e electrificación, e as obras de conservación nos viais xunto con labores de pintado.

Sempre en contacto directo coa asociación empresarial, SEARA, dende o goberno municipal estase a traballarse actualmente no desenvolvemento dun proxecto común para atraer novas empresas e emprendedores á nosa vila, como medida a engadir a este proxecto en marcha de desenvolver as propostas de intervención precisas para a mellora das áreas empresariais pontesas.[/fusion_text][/fullwidth]