Se pretende poñer de manifesto a importancia das tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) nas empresas do sector turístico mediante unha xornada sen custo algún por participar. As xornadas tamén poden ser de interese para persoas que poidan ter iniciativa de emprender no sector turístico.
Estas xornadas non deben ser unha simple enumeración de vantaxes das TICs e presentación de ferramentas online á disposición dos negocios.
O que se pretende tamén é dotar aos empresarios/as da comarca dos coñecementos necesarios para bucar proveedores de servizos TIC e saber escoller a proposta máis beneficiosa en función das súas características e das do seu negocio.
Para iso, trataremos de analizar nesta xornada a presenza en internet e nas redes sociais de 5 negocios participantes nas mesmas. Deste xeito, daremos aplicación inmediata dos contidos teóricos mediante o analise de casos próximos, coñecidos e de forma comprensible.
Abordaremos, entre outras, cuestións como a importancia dunha imaxe homoxénea do negocio, a web adaptada a móbiles ou tables, plataformas de promoción do noso negocio (Tripadvisor, Atrápalo, Minube, Trivago…)
Ao finalizar a xornada:
– comprenderedes os beneficios que vos poden aportar as TICs.
– coñeceredes suficientemente cada alternativa para poder decidir en que opcións invertir os vosos recursos e o voso tempo.
– comprenderedes os erros habituais que soemos cometer e cales son as mellores opcións para corrixilos.
O encontro terá lugar o vindeiro martes 07 de outubro no Centro de Usos Múltiples CASA DOPESO (R/Rosalía de Castro, 28 – As Pontes)
Lugar: Centro de Usos Múltiples CASA DOPESO (VER NO MAPA)
Horario: de 17:00 a 21:30
Custe: 0 €, de balde.
Prégase confirmación de asistencia antes da 1 da tarde do día 7 de outubro no e-mail [email protected] ou chamándo ao 698181717.